O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

26 de noviembre de 2007

O pasado xoves día 4 de outubro celebrouse na sede da ADR Ulla Umia, en Caldas de Reis, a Asemblea Constituínte do Consello Comarcal de Igualdade.
No acto formalizouse a constitución deste órgano consultivo que analizará a realidade nos distintos ámbitos sociais da vida local para establecer necesidades, anunciar propostas e recomendacións a organismos e entidades diversas e recoller as súas peticións ao tempo que favorecer a participación cidadá. Para esto, reunirase periódicamente e emitirá informes técnicos de diagnóstico da situación das mulleres na comarca que recollan datos sobre emprego, formación e violencia de xénero. Este órgano desenvolverá as súas actividades no Territorio Ulla-Umia, que comprende os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
Tomaron parte no acto representantes políticos/as e técnicos/as de cada concello así como das asociacións de mulleres, de hostalería e turismo, do empresariado, das culturais, xuvenís, deportivas, veciñais e comunidades de montes da comarca, ademais dun representante da ADR.
No acto procedeuse á aprobación dos estatutos polos que se rexerá este órgano e á elección dos e das representantes do Consello, recaendo o cargo de Presidenta en Dona Begoña Castro Martínez (Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Asociacionismo de Caldas de Reis); a Vicepresidencia en Don Manuel Carbia Magariños (Presidente da Asociación Cultural de Cordeiro) e a Secretaría en Dona Consuelo Rivadulla Rodríguez (educadora familiar e axente de igualdade de oportunidades de Cuntis). Por outra banda, a coordinación e asistencia técnica do Consello Comarcal de Igualdade será levada a cabo pola Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA).
O Consello Comarcal de Igualdade encargarase do seguimento e avaliación do Programa Operativo de Igualdade de Oportunidades 2006-2008 que se está a implantar no Territorio e no cal está recollido o funcionamento do propio Consello. Lembremos que á súa vez o POIO 2006-2008 se inscribe no marco dun programa europeo Leader+.

21 de noviembre de 2007

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O próximo 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e desde o Diario da Igualdade queremos sumarnos ao rexeitamente contra a violencia de xénero en particular e contra todo tipo de violencia en xeral.

A violencia,
a agresión maltrata a vítima
envilece a quen a práctica
A violencia xerá máis violencia
odio, rencor.
A violencia é o fácil, o inmediato.
O difícil é dialogar, chegar a un consenso,
resolver un conflito por medio da palabra.
A violencia é cobardía.
O diálogo é valentía.
Apostar pola non violencia significa apostar polas persoas.
Apostar polas persoas é gañar en experiencias.
Gañár en experiencia e enriquecerse persoal e socialmente.
Estas son as nosas razóns para a non violencia. Cales son as túas?
Contanolas!!!!!