O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

26 de abril de 2007

I FESTIVAL INTERXERACIONAL

Ao longo deste ano, desenvolverase o I Festival Interxeracional, do que daremos cumplida conta nesta páxina.
Esta idea nace coa finalidade de servir de punto de encontro entre as distintas xeracións.
Así, desde o respecto e a tolerancia, as nosas nenas e nenos, os nosos mozos e mozas, as e os adultos, as persoas maiores poidan convivir e compartir as súas experiencias vitais de xeito lúdico.
Entre as actividades a desenvolver, destacamos as seguintes:

  • Obradoiro de teatro.
  • Desfile de moda dos últimos cen anos
  • Exposición "Valga no último século"
  • Festival da Canción
  • O Serán

22 de abril de 2007

O POBO SAHARAUÍ

Nenas e nenos saharauís estiveron pasando con varias familias do concello as súas vacacións de verán.



Vídeo creado por libelulebleu. Fonte: Youtube

O PODER DAS NOSAS MANS: CREATIVIDADE E INXENIO




ASMIVALU vén de realizar unha serie de obradoiros, a través dos cales desenvolvemos o noso potencial creativo.

Estes son algúns dos exemplos do noso traballo.


A XENTE ACTIVA EN MOVEMENTO

AXENTIVA está a desenvolver un obradoiro de Ximnasia-Relaxación.
Para participar tes que ser socio ou socia da nosa asociación.
Os martes e os venres de 17:00 a 19:00 horas no Centro Social de Campaña

17 de abril de 2007

8 DE MARZO

O noso concello participou na celebración do 8 de marzo "Día Internacional da Muller".

Co gallo desta data, desenvolvéronse as seguintes actividades:

  • MESA REDONDA SOBRE : “A muller traballadora no concello de Valga”,
  • Charla sobre a Bella Otero no IES De Baño
  • Entrevista radiofónica, sobre:O TRABALLO E A FAMILIA NA VIDA DE NIEVES CAMPAÑA LÓPEZ
  • Colaboración co concello de Rois na: : “Exposición sobre”AS MULLERES NA HISTORIA”
  • Entrevista a Presidenta de “Mulleres Rurais”, sobre :A XESTIÓN DO TEMPO LIBRE NO MEDIO RURAL
  • Aula informática: Búsqueda en Internet de mulleres de relevancia histórica.
  • Bibliotecas: Ambientación da temática correspondente ó Día da Muller Traballadora.
  • Ximnasia de mantemento: charla-coloquio acerca da normalización das actividades de ocio e calidade de vida entre as mulleres de Valga nos últimos tempos: ximnasia, cursos, actividades de tempo libre, etc.
  • ASMIVALU: Tarefas con temática da muller traballadora: debuxo, presentación cara os compañeiros, elección da máis valorada.
  • PEQUEVAL: Debuxos, pequeno debate, conto, e outras actividades.