O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

25 de junio de 2007

EU DIALOGO

Noraboa ao alumnado do IES de Valga que, xunto a outros centros, resultaron gañadores do concurso "Eu dialogo!" do Parlamento de Galicia, para promocionar o valor do diálogo na escola, co gallo do 25 aniversario da cámara galega.

O Secuestro do Can foi o título do vídeo gañador presentado polas alumnas e alumnos de 3B. Mentras que a clase de 3A foi galardoada polo cómic "Escoita o que che digo".







19 de junio de 2007

ESCOLA DE DANZA


A Plataforma de Apoio a Creación da Escola de Danza "Bella Otero" pide a colaboración de todas e todas para que esta iniciativa saia adiante.
Por que a Escola de Danza "Bella Otero"?
Porque ese era a ocupación da valguesa máis ilustre. Hai unha rúa, a anpa do IES, unha escultura, un edificio, proximamente un museo pero non unha Escola de Danza. E iso parece pouco lóxico, sobre todo tendo en conta que Valga conta cunha Escola de Música.

Deixanos a túa opinión ao respecto. A Plataforma de Apoio a Creación da Escola de Danza "Bella Otero" agradece o apoia de todas aquelas persoas que se queiran sumar a súa iniciativa.

Fonte: rumoroloxía popular.

Nesta ligazón poderas coñecer máis sobre a vida da Bella Otero "Unha icona da Belle Époque Europea.

11 de junio de 2007

FRORES



A unión fai alfombras.
O domingo celebrouse en Cordeiro o Corpus, e un ano máis o adro da igrexa engalanouse con alfombras florais, de deseño sinxelo, case minimalista pero igual de fermosas que en edicións pasadas.

Ao marxe da celebración relixiosa, cómpre destacar a unión e a colaboración veciñal desinteresada para acadar un obxectivo común.
Neste caso, máis importante que o resultado final é a traxectoria para acadar o fin, é dicir, o feito de reunirse, de proxectar, de colaborar para a realización das alfombras.
O traballo comeza moito antes, co deseño das plantillas, a recoleción e desmenuze das frores. Son horas e horas de traballo minucioso, onde tamén se aproveita para conversar, botar unhas risas e estar coas veciñas e veciños.

8 de junio de 2007

XV EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE MILLO


A Sociedade Cultural de Cordeiro está a voltas cos preparativos da Festa da Empanada de Millo que se vai celebrar o domingo día 10 no teleclub de Cordeiro.
O festexo, coma todos os anos, coincide co Corpus, de xeito que primeiro misa e exhibición de alfombras florais realizadas polas veciños e veciñas da parroquia, e logo, as 19:30 degustación de empanada.
A ración costará 1,5 €.

Esta festa, ademais de fartar o estómago, fai que xente nova e maior colaboran na súa elaboración. Así, este ano, a e o encargado de aportar a súa experiencia á hora de amasar a empanada e dirixir a súa creación serán o sr Furelos de Cerneira e a sra Maruja de Pepe do Forno.

Para a coción deste saboroso manxar, contarase cun forno especial traído expresamente de Araño (Rianxo), de forma que a empanada se faga nunha soa peza e así poder degustala quentiña.

Fonte: Diario de Arousa, venres 8 de xuño de 2007









5 de junio de 2007

FESTIVAL INTERXERACIONAL: imos ao teatro

O Festival Interxeracional segue o seu curso. Este domingo tocou teatro no centro multiusos de Cordeiro.
Por un día, as e os veciños de Valga foron actrices/actores e espectadoras/es a un tempo. A próxima cita co teatro será dentro dun mes.
Así que todas as persoas que non puideron ver esta representación terán que esperar ata o próximo mes para acudir a presenciar unha nova obra de teatro a cargo deste plantel de actrices e actores.

1 de junio de 2007

FESTA DA ANGUIA e CAÑA DO PAÍS

O concello de Valga abre o prazo de presentación de traballos para o Concurso de Carteis da XIX Festa da Anguía. As persoas que queiran participar teñen de prazo ata o 7 de xullo ás doce da mañá.
Existen dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adulta (+ 14 anos). A temática será libre. O cartel non debe superar a medida de 60x40 cm e debe incorporar a seguinte lenda: XIX Festa da Anguía e XVII Mostra da Caña do País. Agosto 24, 25 e 26 de 2007.