CONVENIO DE COLABORACIÓN: BATA e AEVU
AEVU (Asociación de Empresarios dos Vales Ulla e Umia) e BATA (Asociación para o Tratamento do Autismo) veñen de firmar un convenio para o Desenvolvemento de Accións de Información, Orientación e Busca de Emprego para Persoas con Discapacidade Psíquica.
Así, persoal técnico de BATA atenderá as demandas existentes na sé de AEVU, unha vez ao mes.
Isto supón un paso máis na integración das persoas con discapacidade psíquica, xa que para que este servizo resulte efectivo, a Xunta Directiva de AEVU levará a cabo accións encamiñadas a sensibilización do empresariado da comarca e así facilitar o acceso deste colectivo a un emprego remunerado.