O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

3 de julio de 2007

II FESTA DA XUVENTUDE

Os días 6 e 7 de xullo celébrase a II Festa da Xuventude con diversas actividades lúdico-festivas.A festa dará comezo o venres, 6 de xullo pola noite coa a actuación das orquestas Paris de Noya e Philadelphia.O prato forte, ao día seguinte coas seguintes actividades:

  • Xogo de busca do tesouro. As persoas que desexen participar teñen ata o día 4 de xullo para inscribirse no Concello.
  • Campeonato de brilé.
  • Mundialito de fútbol por aldeas. Inscrición no número 654 87 11 21.
  • Vaquillas.
  • Festa da espuma como colofón final.
Haberá premios para as e os gañadores.Participa e contanos a túa opinión sobre o evento!!!

No hay comentarios: