O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

3 de julio de 2007

AS 100 VISITAS

Hoxe superamos as 100 visitas e iso é para nos un orgullo.
Agradecer a todas e todos aqueles que se achegaron a este rincón da web, ao tempo que as e os animamos para que nos sigan ollando e colaboren cos seus comentarios. Serán moi ben recibidos.

GRAZAS!!!!

No hay comentarios: