O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

8 de junio de 2007

XV EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE MILLO


A Sociedade Cultural de Cordeiro está a voltas cos preparativos da Festa da Empanada de Millo que se vai celebrar o domingo día 10 no teleclub de Cordeiro.
O festexo, coma todos os anos, coincide co Corpus, de xeito que primeiro misa e exhibición de alfombras florais realizadas polas veciños e veciñas da parroquia, e logo, as 19:30 degustación de empanada.
A ración costará 1,5 €.

Esta festa, ademais de fartar o estómago, fai que xente nova e maior colaboran na súa elaboración. Así, este ano, a e o encargado de aportar a súa experiencia á hora de amasar a empanada e dirixir a súa creación serán o sr Furelos de Cerneira e a sra Maruja de Pepe do Forno.

Para a coción deste saboroso manxar, contarase cun forno especial traído expresamente de Araño (Rianxo), de forma que a empanada se faga nunha soa peza e así poder degustala quentiña.

Fonte: Diario de Arousa, venres 8 de xuño de 2007









1 comentario:

Anónimo dijo...

a empanada riquisma. eu comín un cacho de xouba e daba groria, así quentiña. boa, boa