XV EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE MILLO

A Sociedade Cultural de Cordeiro está a voltas cos preparativos da Festa da Empanada de Millo que se vai celebrar o domingo día 10 no teleclub de Cordeiro.
O festexo, coma todos os anos, coincide co Corpus, de xeito que primeiro misa e exhibición de alfombras florais realizadas polas veciños e veciñas da parroquia, e logo, as 19:30 degustación de empanada.
A ración costará 1,5 €.
Esta festa, ademais de fartar o estómago, fai que xente nova e maior colaboran na súa elaboración. Así, este ano, a e o encargado de aportar a súa experiencia á hora de amasar a empanada e dirixir a súa creación serán o sr Furelos de Cerneira e a sra Maruja de Pepe do Forno.
Para a coción deste saboroso manxar, contarase cun forno especial traído expresamente de Araño (Rianxo), de forma que a empanada se faga nunha soa peza e así poder degustala quentiña.
Fonte: Diario de Arousa, venres 8 de xuño de 2007
1 comentario:
a empanada riquisma. eu comín un cacho de xouba e daba groria, así quentiña. boa, boa
Publicar un comentario