FRORES

A unión fai alfombras.
O domingo celebrouse en Cordeiro o Corpus, e un ano máis o adro da igrexa engalanouse con alfombras florais, de deseño sinxelo, case minimalista pero igual de fermosas que en edicións pasadas.
Ao marxe da celebración relixiosa, cómpre destacar a unión e a colaboración veciñal desinteresada para acadar un obxectivo común.
Neste caso, máis importante que o resultado final é a traxectoria para acadar o fin, é dicir, o feito de reunirse, de proxectar, de colaborar para a realización das alfombras.
O traballo comeza moito antes, co deseño das plantillas, a recoleción e desmenuze das frores. Son horas e horas de traballo minucioso, onde tamén se aproveita para conversar, botar unhas risas e estar coas veciñas e veciños.
1 comentario:
pois si que é traballiño pero vale a pena ver o bonito que quedan pero a min este ano non che foi o ano que máis che me gustharon. taban bonitas pero moi pouco traballadas.
aínda que claro cada ves quedamos menos para debuxar e eso porque aínda que quixera non sei, eu ir as flores, desfaser nelas, contar 4 contos si pero do resto non.
Publicar un comentario