MARÍA MARIÑO

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a poetisa María Mariño, autora de obras como "Palabra no tempo" ou "Verba que comeza".
Como homenaxe, desde este espazo queremos achegar un dos seus poemas:
Libro 1. "¡Inda vou na misma meniña..." (Palabra no tempo)
¡Inda vou na misma meniña
aquela que fogueaba sin leito!
¡Son aquela!
¡Son aquela que no bosco
escuitaba o himno dela!
Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
enre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.
Caladiña eu chamaba
en berros que hoxe esquezo,
cando o navío de lonxe
o meu mar cheo atracaba.
¡Son aquela!
Son aquela tarde queda
que no serán se chamaba
miña aurora sin coores
chea dun farto rebusco
que en un xordo a min chegaba.
¡Son aquela!
Son aquela pena nubra
que de mofo entrenzaba
a lonxe voz do poeta,
cando aínda non sabía
que era pra ela
o que aquela voz narraba.
¡Son aquela!
Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.
Eu non sei,
eu non sei son sinceira.
Eu sentía un lonxe triste,
eu sentía nel ledicia,
eu quería quedar soia,
eu quería compañía,
¡aquela que eu non sabía!
Hoxe o sol enxuga a néboa.
Os dous tecen amores.
¡Han de saber algo dela!
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=7
VOGAR.POEMA DE MARÍA MARIÑO CON MÚSICA E VOZ DE UXÍA SENLLE
1 comentario:
Aquí vos envío outra forma de promover a cultura feminista, Bicos.
Coincidindo co 17 de maio o cantautor galego Manoele de Felisa presenta o seu terceiro disco, o segundo adicado a un poeta, esta vez adicado a María Mariño. Tras "Orballo" adicado ó poeta e veciño de Cuntis Roberto Blanco Torres e "Chove" Manoele acheganos en " De Felisa a María Mariño" unha escolma de 14 poemas da poeta homenaxeada este ano pola real academia das letras Galegas.
Visite máis información na web oficial de manoele de Felisa: www.manoele.com
Publicar un comentario