O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

16 de mayo de 2007

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Valga celebra o Día das Letras Galegas.
Hoxe, todas as persoas que pasen polas oficinas do Concello terán un agasallo: un libro.
Mañá terá lugar a inaguración de dúas exposicións:

  • "Vida e Obra de María Mariño"
  • "Así ven as rapazas e rapaces de Valga o Día das Letras Galegas.
A continuación, as 20:30 horas terá lugar a actuación das Pandereteiras de Moldes, as que xa tivemos ocasión de escoitar o día da sementeira.
Despois, o grupo da Escola Artística de Cuntis levará a escena a obra de teatro "A nosa vila".

O sábado será xornada de portas abertas no ximnasio de Beiro. ¿como, que non te enteradas de que había un ximnasio? pois si, o sábado teremos ocasión de coñecer as súas instalacións.

1 comentario:

igualitas dijo...

Xa vedes que este ano hai actividades para todos os gustos e de todo tipo.
A estas hai que engadir as que organiza a Asociación Os Penoucos. Así, o xoves podemos elexir entre cine (curtametraxes na casa de cultura de Valga) e teatro en Cordeiro.