O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

23 de mayo de 2007

ASMIVALU COAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

As rapazas e rapaces de Asmivalu están aprendendo a usar o ordenador mediante xogos didácticos. Deste xeito, preténdese:

  • Dar a coñecer as novas tecnoloxías a persoas con discapacidade mental.
  • Aprender sinxelas rutinas informáticas.
  • Divertirse de forma paralela á aprendizaxe.
  • Saber acender e apagar o ordenador.
  • Acadar un manexo fluído do rato.

Esta actividade está a ser desenvolvida pola dinamizadora da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

No hay comentarios: