O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

28 de mayo de 2007

27M

Onte, como no resto do país, a cidadanía de Valga acudiu as urnas para elexir alcalde ou alcaldesa e concelleiras/os para os vindeiros catro anos.
A participación foi do 66.24% polo que a porcentaxe de abstención se situou no 33.76% e o reparto de concelleiros/as foi moi disputado, xa que houbo que esperar ao reconto na última mesa para saber se o PP aumentaba un ou o PSOE-PSG pasaba de un a dous. Finalmente, parece que a balanza se inclinou do lado deste último.
A configuración, xa que logo quedaría do seguinte xeito: PP 10, PSOE-PSG 2 e BNG. O PP volta a conseguir maioria absoluta.

NORABOA A CIDADANÍA DE VALGA POR EXERCER O SEU DEREITO AO VOTO OU POR NON EXERCELO.
É tan válida unha opción coma a outra?
Participa no noso debate aportando a túa opinión ao respecto.

3 comentarios:

igualitas dijo...

A pregunta que aquí se plantexa é a seguinte: a abstención é un xeito de participar ou de non participar?
As persoas que non acuden a votar están a demostrar falta de interés ou exercen o seu dereito a facelo, a expresar o seu desacordo cos partidos que acuden as urnas?
Contanos a túa opinión.

Anónimo dijo...

eu penso que é tan válido unha cousa coma outra, aínda que non deixa de ser verdade que moitas persoas non van a votar por vagancia pero o feito de non exercer o dereito ao voto é un xeito de expresar que ningunha opción das que se presentan cumple coas nosas expectativas.

Anónimo dijo...

A/o que non vaia a votar, paréceme estupendo, está no seu dereito e así demostra a súa disconformidade coas candidaturs presentadas ou co sistema en xeral. Pero despois que non se queixen nen critiquen o que a cidadanía participativa elixe, porque criticar é fácil, o difícil é intentar cambiar as cousas, e a abstención non cambia nada.