O ano 2007 é o ANO EUROPEO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS. O obxectivo deste ano é sensibilizar á opinión pública sobre as ventaxas dunha sociedade xusta e cohesionada. Coa finalidade de participar desta iniciativa, diversos colectivos sociais de Valga decidiron crear un blog onde relatar as súas experiencias e vivenzas en prol da participación cidadana e da non discriminación.

26 de abril de 2007

I FESTIVAL INTERXERACIONAL

Ao longo deste ano, desenvolverase o I Festival Interxeracional, do que daremos cumplida conta nesta páxina.
Esta idea nace coa finalidade de servir de punto de encontro entre as distintas xeracións.
Así, desde o respecto e a tolerancia, as nosas nenas e nenos, os nosos mozos e mozas, as e os adultos, as persoas maiores poidan convivir e compartir as súas experiencias vitais de xeito lúdico.
Entre as actividades a desenvolver, destacamos as seguintes:

  • Obradoiro de teatro.
  • Desfile de moda dos últimos cen anos
  • Exposición "Valga no último século"
  • Festival da Canción
  • O Serán

No hay comentarios: